19 de dec. de 2025

O Apalpador en Lugo

Mañá 20 de decembro, o Apalpador pasará por Lugo a partir das 17:00 horas, cheo de ledicia, ilusión e actividades para os máis pequenos. A nosa Asociación, entre outras, estará con recantos de xogos para nenas e nenos.

Bo Nadal!!!









18 de dec. de 2025

Olalla Otero, orientadora nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, na Voz de Galicia

"Olaia Otero, mestra de educación infantil e facilitadora de disciplina positiva, explica que os nenos teñen practicamente un 100 % de posibilidades de ser un dos tres elementos que participan no acoso: o acosador, a víctima ou o público". Deixamos aquí esta entrevista publicada na Voz de Galicia á nosa compañeira Olaia Otero. 









17 de dec. de 2025

Espazo das Familias no concello de Láncara

As familias do concello de Láncara que teñen crianzas menores de seis anos, teñen a posibilidade de participar no "Espazo das Familias" que se leva a cabo tódolos luns lectivos, en horario de mañá, Casa do Concello en  A Pobra de San Xíao.

 

O alcalde de Láncara e mais a presidenta da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy veñen de asinar o convenio regulador da subvención nominativa directa que a Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria celebrada o día 10 do presente mes de decembro.

 Grazas a esta subvención, as familias de Láncara participan de maneira gratuíta no Espazo das Familias, que constitúe un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenas e nenos de 0-6 anos. 

 As profesionais da asociación deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás necesidades das familias neste ámbito. Seguindo esta premisa, se tratan temas como a alimentación, a importancia do xogo como ferramenta educativa, os medos, ... e se organizan actividades que favorezan o desenvolvemento integral das capacidades das nenas e dos nenos.

Tamén se ofertou ás familias a posibilidade de participar en saídas e outras actividades fora do lugar de encontro, co fin de coñecer a contorna e descubrir novos espazos e oportunidades de aprendizaxe: actividades no Spa Attica de Vilalba, visita ao MUVICLA (Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria),  charlas de formación no  local sede da asociación, visita a AVIFAUNA, ...

A experimentación, a observación, a cooperación, a tolerancia, o respecto polos demais e pola natureza, son algúns dos valores que se promoven en tódalas actividades deseñadas nas que participaron, ao longo do ano 2025, nove familias do concello de Láncara.

O interese das familias por participar nesta actividade é evidente, tal e como se manifesta  na demanda do servizo, e na permanencia e continuidade das familias que integran os grupos de traballo, é por iso que esta asociación ten intención de seguir prestando no ano que está a piques de comezar


 

26 de nov. de 2025

Asinado convenio co concello de Becerreá

O concello de Becerreá ven de comunicarnos a concesión de unha subvención que axudará a sufragalos gastos orixinados pola execución do "Espazo das Familias" no concello de Becerreá durante este ano 2025. Grazas a esta axuda, as familias de Becerreá pagan unha cota reducida que facilita a participación nas nosas actividades.

Durante o curso 2024-2025 foron un total de oito as familias que viñeron participando semanalmente nos encontros semanais que tiveron lugar no Telecentro


"A importancia do xogo na natureza", "Os medos", "Fora cueiros", "As festas e tradicións", "A alimentación".... foron algúns dos temas tratados durantes o curso. Ademais, as familias poideron asistir a xornadas de formación que se celebraron na sede da Asociación , nas que se trataron distintos temas de interese para as nais e os pais, como, por exemplo "Benvidas queridas rabechas", "RCP Básica e nocións de primeiros auxilios pediátricos", "Teño medo"...

Un dos obxectivos dos "Espazos das Familias" é o coñecemento e aproveitamento da contorna proxima, para o que se organizaron distintas saídas nas que participaron as familias que o desexaron; o Spa de Vilalba, o MUVICLA, e Avifauna foron algunhas desas saídas. Tamén participaron en distintas festas e celebracións tradicionais como o Antroido, Os Maios e a Festa Xogueteira de Fin de Curso

Todas estas actividades non serían posibles sin a inestimable colaboración do concello e de outras entidades que apoian o traballo que vimos realizando en distintos concellos da nosa Comunidade Autónoma.

28 de out. de 2025

Alejandro Fernández Pumariño, Premio de Humanidades José Castiñeira


O que fora Presidente da Fundación Preescolar na Casa, Alejandro Fernández Pumariño ven de ser galardonado co Premio de Humanidades José Castiñeira. Esta iniciativa está organizada polo Orfeón Lucense, a catedral de Lugo e o obispado de Lugo para recoñecer a persoas ou entidades que, pola súa traxectoria, disposición e dedicación, se distinguen polo seu labor humanístico, nas artes ou nas letras, en favor da convivencia social e na mellora das relacións humanas.

O xurado entregou o premio a Alejandro Fernández Pumariño "pola súa dedicación social e labor solidaria". Destacan o seu labor en Cáritas como presidente durante dezasete anos. Así mesmo, o galardón tamén recoñece a participación de Alejandro Fernández Pumariño como presidente da Fundación Preescolar en Casa.

Os que coñecemos a Alejandro e sabemos do seu bo facer estamos de noraboa: un premio ben merecido.

Deixamos aquí os seguintes enlaces do diario El Progreso:

El letrado lucense Pumariño recibe un premio por su gran labor social 

O silencio de Pumariño

(Foto de El Progreso)

Un roteiro de educación ambiental coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy en colaboración co distrito forestal IX Lugo-Sarria da Consellería de Medio Rural organizou hoxe un roteiro nos lagos de Teixeiro (Lugo) de dificultade baixa (1 km) e unha exhibición para os máis pequenos con motobomba e brigadas forestais.

Esta actividade gratuita para familias participantes nos Espazos da Asociación servíu tamén para agradecer o encomiable labor deses bombeiros forestais que tanto axudan a presrvar o noso patrimonio natural. Porque coñecer e coidar a natureza e o contorno máis próximo debe ser un dos obxectivos da educación.