Comezamos un novo curso no concello de Castroverde, xuntándonos tódolos mércores pola tarde, a partires das 17:00 horas, no Centro sociocultural Paco Pestana.
Nestes encontros semanais, as familias con crianzas pequeniñas, de cero a seis anos, teñen a oportunidade de reflexionar, debater, compartir e formarse arredor da educación infantil familiar, mellorando, así a súa práctica educativa diaria.
Os Espazos das Familias son unha oportunidade para falar de cuestión tan presentes non día a día como as rabechas, os límites, os conflitos, as emocións... para reflesionar sobre como acompañamos aos nenos e as nenas durante o seu desenvolvemento.
Un espazo para parar, reflexionar, comprender o que hai detrás das condutas infantís, descobrir outras maneiras de acompañar e coñecer ferramentas prácticas que as familias poidan levar ao seu día a día
No Espazo das Familias, durante o curso pasado, participaron un total de cinco familias, con seis crianzas que aprenderon, descobriron e compartiron un tempo de lecer moi productivo e satisfactorio. Este Espazos se leva a cabo coa colaboración do concello que concedeu unha subvención para o co-financiamento do proxecto por importe de 1.388,30 €.