A Festa Xogueteira é un espazo e
un tempo de ocio compartido entre nais e pais con nenos e nenas de 0-3 anos. Trátase
dunha xornada de aprendizaxe estruturada por Espazos onde os máis pequenos
poden desenvolver diferentes capacidades.
As orientadoras do proxecto
educativo “Espazos das Familias” da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy,
encárganse do deseño das actividades e dos diferentes Espazos de xogo.

Entre os diferentes Espazos da Festa Xogueteira,
atoparemos Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de coordinación, ..., Espazos de manipulación para que nenos, nenas e familias gocen
da mellor das maneiras, aprendendo.
Así, as familias acompañarán aos
seus fillos polos diferentes Espazos, non existindo un tempo definido para
permanecer en cada Espazo.
Picando AQUÍ podes visionar unha nova.
Picando AQUÍ podes ver unhas referencias en prensa da Festa Xogueteira.
QUE FACEMOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario