Transcribimos de
xeito literal unha nova aparecida en La Voz de Galicia o 29 de outubro. Da
conta do inicio das actividades da Asociación en Monforte e Ribas do Sil:
“A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy,
herdeira da desaparecida Fundación Preescolar na Casa, organizará durante este
curso en Monforte e Ribas do Sil unha serie de actividades, baixo a
denominación de Espazos das Familias, que seguirán a mesma liña do mencionado
programa de orientación educativa. Consistirán en reunións semanais cunha
duración aproximada de dúas horas e poderán incluír titorías individualizadas
para as familias participantes.
En Monforte, as reunións terán lugar no Centro
Multiusos os xoves pola mañá. En San Clodio serán os martes pola tarde. O seu
obxectivo, segundo explican os promotores, será ofrecer a posibilidade de que
as familias, adultos e nenas e nenos compartan un tempo de lecer xuntos e
establecer unhas canles de reflexión e debate arredor da educación dos máis
pequenos da casa. As familias que participen nestas actividades deben abonar
unha pequena cota para o mantemento do servizo.
Os interesados poden contactar coa entidade
chamando aos teléfonos 982 216 001, 629612897 e 607804823 ou escribindo ao
correo electrónico antoniogandoy@gmail.com
A Asociación Antonio Gandoy foi promovida por
antigos traballadores de Preescolar na Casa para recuperar o legado deste
proxecto educativo, creado en Lugo en 1977 e desaparecido no 2012.”
Así que xa sabedes, si sodes da zona e estades interesados, contactade connosco aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario