Este venres
desenvolveuse no CIFP Politécnico de Lugo a actividade O Son que me Arrola, organizada
e levada a cabo pola Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy cun gran éxito de
participación.
Máis de 100 persoas participaron desta proposta de interacción
musical, entre nenos, nenas, pais, nais e alumnos do Ciclo de Educación Infantil
que se imparte neste centro.
Nas dúas imaxes desta entrada podedes ver as reseñas deste acto en El Progreso e na Voz de Galicia.
E neste enlace
podedes ver en que consiste a actividade O Son que me Arrola, unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, de rimas e da instrumentación.
O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario