O martes 30 de xuño, a Festa Xogueteira da Asociación Sococioeducativa Antonio Gandoy estará en Lugo, no Paseo do Miño, pola zona do Pazo de Feiras e Congresos.
Tamén o domingo 5 de xullo, de 16:30 a 20:00 tedes unha cita connosco na Área Recreativa Os Pasos-Alazo, no Concello de Frades.
A Festa Xogueteira é un espazo e un tempo de ocio compartido
entre nais e pais con nenos e nenas de 0-3 anos, onde participan tamén as
orientadoras do proxecto educativo “Espazos das Familias” da Asociación
Socioeducativa Antonio Gandoy, encargándose do deseño das actividades e dos
diferentes espazos de xogo.
As actividades lúdicas están dirixidas ao fomento da
investigación e exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos
de xogo ou zonas organizadas por temáticas. Así, as familias acompañarán aos
seus fillos polos diferentes Espazos, non existindo un tempo definido para
permanecer en cada Espazo.
Teremos Espazos de construción, de motricidade, de música,
de arte, de texturas, ..., Espazos de manipulación onde nenos, nenas e familias
gozaremos da mellor das maneiras, aprendendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario