O vigués
César Freiria, Cé Orquestra Pantasma, é un músico autodicacta apaixoado dos
instrumentos musicais que comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da
música tradicional.
Dende aquela
non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a
formar parte de diversos grupos. Agora anda a presentar nestes días o Libro CD “Fíos
do querer”, e o pasado decembro tivemos a sorte de escoitalo no Espazo das
Familias de Monforte de Lemos.
Neste enlace
podes coñecer máis do seu traballo.
E picando aquí, escoitaredes a cantiga “Xan de Outeiro”, interpretada po Cé Orquestra
Pantasma, que tantas e tantas veces ten soado nas reunións de orientación de
Preescolar na Casa e agora nos Espazos das Familias da Asociación
Socioeducativa Antonio Gandoy.
Deixámosvos
estas fotos da súa actuación, na que nenos, nenas, pais e nais gozamos da música
de César e da súa simpatía, así como da posterior manipulación de instrumentos
feitos con elementos da natureza, nunha actividade de achegamento á música.
Porque estamos convencidos de que a educación musical ten unha gran importancia
na formación integral da persoa, proporcionando experiencias cognitivas e
sensitivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario