O Concello de Triacastela pon en marcha, neste curso que vai comezar, un Espazo das Familias, e hoxe foi a presentación para informar a tódalas familias con nenas e nenos menores de tres anos, en qué consiste este servizo
Neste encontro estiveron presentes, amais das familias interesadas, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias Fontal e a orientadora da Asociación Mª José Blanco, que será a encargada de coordinar este novo Espazo das Familias.
Dende a alcaldía manifestan o interese que este servizo ten para as zonas rurais máis desfavorecidas, xa que achegar servizos que potencien e poñan en valor a primeira infancia, a familia, a educación, axuda a que se fixe poboación nos territorios que están quedando sen xente.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjltK0VSTFtsiRerBek2-Ty1F3pYtPUpDnaNbYdT8qumCxEE469pL8OpitPBo9O6tUzZ2W8A6iI-agqeVDZPb0IujPF88qaJVM8yOkjlkjPyKUU8HCLVIay0xZjsg3jYQwKQT7F01WmV4c/s400/Triacastela.jpg)
Nunha clara aposta polo rural e a súa xente, o Concello de Triacastela, asume o total do custe do servizo que, de resultas, será gratuíto para as familias.
A orientadora, explicou ás familias en qué vai consistir o servizo ofertado e convidounas a participar en un primeiro encontro para que valoren si responde aos seus intereses.
Os Espazos das Familias en Triacastela, desenvolveranse seguindo o calendario escolar, tódolos Martes as 16'00 horas no CEIP Eduardo Cela Vila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario