15 de set. de 2019

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, no Festival Nubebés

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estará no Festival Nubebés. O Festival Nubebés celébrase en Pontevedra no mes de setembro, e esta é a súa sétima edición. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa.

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy participará na Casa Azul coa actividade "O Son que me Arrola", o día 22 de setembro, con tres sesións: ás 11:45, ás 17:00 e ás 18:45. A entrada é de balde.

Un festival no que teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, guerra de almofadas e outras propostas van collidas da man.

Un amplo abano de propostas cos obxectivos de aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

O programa de actividades desenvolverase os días 20, 21, 22, 28, 29 de setembro en espazos espallados por toda a cidade: Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro, Patronato de Turismo Rías Baixas, Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e a sede social do Casino Mercantil.

Dende a Asociación agradecemos á organización ter confiado en nós para estas fermosas actividades.


Ningún comentario:

Publicar un comentario