21 de out. de 2020

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no concello de Rois


Outro ano máis estaremos no Concello de Rois. Alí, o concello e a Asociación socio-educativa Antonio Gandoy ofrecemos ás familias con crianzas menores de tres anos a posibilidade de participar nun tempo de encontro para facilitar o intercambio de experiencias e ferramentas educacionais, como ben explican na web do Concello

Ao igual que en cursos precedentes, realizaranse xuntanzas cunha periodicidade semanal e cunha duración aproximada de dúas horas.

Poñer en valor o importante papel das familias como educadoras, proporcionar un lugar e un tempo nun ambiente axeitado para posibilitar o contacto entre nenas e nenos e para que nais e pais poidan compartir, debater e reflexionar sobre a experiencia da crianza. 

E iso si, neste tempo de coronavirus, farémolo coas maiores garantías e seguindo todos os protocolos de seguridade marcados polas diferentes administracións. As familias interesadas en participar deberán anotarse telefonicamente nos Servizos Sociais do Concello de Rois.

Ningún comentario:

Publicar un comentario