15 de maio de 2021

Plantando o horto aromático na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Estes días pasados, coa primavera no seu máximo esplendor,  tocou plantar o horto aromático: lavanda, menta, perexil, albahaca, valeriana, menta, melisa, ourego, …, toda unha experiencia para os sentidos.

Aínda que coas máscaras non podemos ulir como nos gustaría, con esta actividade, ademais do sentido do olfacto, nenos e nenas desenvolven o sentido do tacto. E pasando uns momentos moi agradables en compañía, os máis pequenos aprenden a valorar e respectar as plantas,  a  manexar utensilios como a pala ou a regadeira, …, e a desenvolver as capacidades de observación e experimentación.

E o ciclo de natureza e da vida estará máis presente que nunca: xuntos veremos como día a día, o horto medra.

Aprendizaxe significativo ao cen por cen!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario