3 de ago. de 2021

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy apoia á ANPA do CPI de Cervantes

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy apoia á ANPA do CPI de Cervantes na súa loita por un/unha profesor/a especialista en infantil e porque defende o ensino público no rural. #SOMOS CERVANTES, SOMOS RURAL.

Garantir a calidade do ensino e a igualdade para todo o alumnado galego é a función principal da Consellería, Educación e Universidade. Os centros de ensino do rural levan sempre a peor parte. Manter estes centros abertos e cos especialistas necesarios ten que ser unha prioridade, polos máis pequenos e por todo o país.

Non serven os criterios numéricos cando falamos de nenos e nenas e dos seus dereitos. Tampouco serven se o que está en perigo e a supervivencia dun modo de vida, porque , á fin e ao cabo, un rural que perde servizos é un rural que vai desaparecendo, para desgraza de todos e todas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario