6 de out. de 2021

Espazos das Familias en Ames e O Páramo

Por terceiro ano consecutivo a Casa da Cultura do Milladoiro servirá como espazo de encontro de familias de nenos e nenas de 0 a 6 anos. Será todos os luns, de 11.30 a 12:30 horas. As persoas interesadas poden asistir directamente á sesión do luns ou chamar ao  627 542 532. Tedes máis información na web do Concello de Ames.

Tamén os martes, estaremos no Concello de O Páramo. Os interesados podedes solicitar máis información nos 676 427 643 ou 607 804 823 .

Ademais dos teléfonos anteriores, tamén podedes contactar aquí.

O programa “Espazos das Familias” ten como obxectivo reflexionar e debater sobre educación, ademais de compartir tempos e espazos lúdicos cos fillos e fillas. Un Espazo de parentalidade positiva.



Ningún comentario:

Publicar un comentario