30 de abr. de 2022

O Son que me Arroupa, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, no CPI Plurilingüe de Castroverde

 

O pasado 29 de abril ás 10:00 horas desenvolveuse,  no CPI Plurilingüe de Castroverde, “O SON QUE ME ARROUPA”, actividade interactiva que conxuga música, tradicións e aprendizaxe. 

Esta actuación de teatro musical tivo unha gran acollida xa que participaron tanto o alumnado e profesorado dos tres cursos de infantil do colexio como os nenos e nenas das distintas casas niño, e por suposto as familias que participan nos nosos Espazos. Un público, por certo, moi entregado que gozou desta experiencia.

Esta actividade, enmárcase dentro do proxecto "Espazos das Familias" que se leva a cabo no concello de Castroverde, grazas á subvención que este concello ven de conceder á Asociación socioeducativa Antonio Gandoy para promover e potenciar o exercicio da parentalidade positiva.

En días anteriores, tamén se desenvolveu no CEIP Illa Verde de Lugo, onde tamén gozou o público asistente.






Ningún comentario:

Publicar un comentario