28 de dec. de 2022

Festa Xogueteira na Ulloa

Rematamos as actividades da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy neste ano 2022 coa Festa Xogueteira adaptada a esta época do ano no local social de Sambreixo-A Ulloa. Esta Festa foi organizada pola Asociación de veciños e financiada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

A actividade consistiu na dramatización da historia das viaxes do Apalpador, seguida por unha serie de obradoiros para menos e nenas que experimentaron con xoguetes e materiais naturais e de refugallo, dos recomendados polo Apalpador: tacos de madeira, tubos de madeira, corozos de millo, figuras ensartables... que levaron ás crianzas a construir torres, circuítos, e mesmo a establecer retos e realizar concursos. Rematamos cun obradoiro de bolachas de manteiga no que as nenas e os nenos cumpriron á perfección co seu papel de pasteleiros, e despois de pasar as súas creacións polo forno realizaron un bo exercizo de degustación das riquísimas bolachas elaboradas por eles mesmas.

Bo Nadal e Feliz 2023






Ningún comentario:

Publicar un comentario