22 de dec. de 2023

O Concello de Arzúa concede unha subvención para o desenvolvemento dos Espazos das Familias

 

O concello de Arzúa ven de comunicar a concesión de unha subvención nominativa á nosa asociación, para axudar a sufragalos gastos orixinados para levar a cabo os Espazos das familias durante os anos 2022 e 2023.

O importe da subvención ascende a 3.368,80 euros que axudarán a asumilos gastos de persoal e material empregado no desenvolvemento dos Espazos das Familias.

Na actualidade participan seis familias con crianzas menores de tres anos, que se reúnen tódolos martes lectivos, en horario de mañá, na Ludoteca de Arzúa.

Durante os anos 2022  e 2023, as familias demandaron formación sobre distintos temas relacionados coa crianza e a educación dos máis pequeniños da casa; así falaron e debateron sobre as emocións, as rabechas, introdución de novos alimentos, desenvolvemento motor, ... así como de outros temas relacionados lingua e cultura: o Samaín, o Entroido, as tradicións do Nadal, os Maios...

Tamén se realizaron saídas e excursións para coñecer a contorna máis próxima e ofrecer ás nenas e aos nenos novas experiencias de aprendizaxe.

Axudas como a outorgada polo concello de Arzúa fan posible que os proxectos deseñados pola Asociacións socioeducativa Antonio Gandoy sexan, efectivamente, levados a cabo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario