24 de maio de 2024

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy na Granxa Narxosé


O pasado martes 13 de maio de 2024, as familias de Burela, Cervo, Foz e Ribadeo que participamos nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy da Mariña e coordinados pola orientadora Olaia Otero, visitaron a granxa Narxosé, do Grupo Casa Barbeiro ubicada en Vilamariz (Ribadeo). Alí explicáronnos como viven as vacas, que coidados requiren, como as muxen e todo o que se pode facer co leite, que venden a unha empresa para facer alimentos infantís. 

Cada familia recibeu, como agasallo, unha bolsa con algún dos produtos que elaboran.
Vimos un montón de vacas, xa que na explotación hai arredor de 400; tamén vimos os silos de herba, un xato recén nado, xatos máis grandes que tomaban biberón, demos de comer ás vacas, …, e para rematar, pintamos unha vaca entre todos e todas e contamos un conto sobre os animais da granxa… 


En definitiva, unha xornada marcada pola aprendizaxe e o tempo en común que quedará para sempre na nosa memoria. 

Grazas polo ben que nos atenderon.




Ningún comentario:

Publicar un comentario