´
Deixamos aquí parte da Ponencia no "I Congreso Internacional de Educación Rural Siglo XXI", de Antonio Rodríguez Corbal co título "Preescolar na Casa: de la utopía realizable a la utopía irrenunciable".
Recomendámosvos escoitar a Toño, compañeiro de Preescolar na Casa, que sempre con palabras atinadas defende a educación e a vida digna no rural.
Este Congreso, organizado por COCEDER celebrouse en Cortes de la Frontera (Málaga) do 4 ao 6 de abril, en colaboración co Grupo de Investigación Profesorado, Comunicación e Investigación Educativa da Universidade de Málaga (PROCIE-UMA), os colectivos de Acción Solidaria (CAS), o Instituto Paulo Freire, o Ayuntamiento de Cortes de la Frontera, a Deputación de Málaga e CDR Montaña y Desarrollo de la Serranía de Ronda, con financiación do Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, dentro dos programas de interese social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario