20 de abr. de 2026

O Son que me arrola, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

O pasado sábado, 14 de marzo de 2026, as nosas compañeiras artistas, estiveron en Pontevedra realizando dous pases de "O Son que me Arrola" dentro do marco do Salón do Libro de Pontevedra. 

Comeza así a xira deste ano que ten, a estas alturas pechadas, ademais, as seguintes actuacións: 

6 Abril Luns (1 pase G. Agra de Orzán)+2 pases Apego Coruña.

24 de Abril venres(1 pase G. Os Cativos- A Coruña)+2 pases Apego Pontevedra)

30 Abril xoves (1 pase G. A Caracola-A Coruña)

15 Maio venres (2 pases G.luís Seoane e Monte Alto-A Coruña) 

22 de Maio venres (2 pases G. Arela-A Coruña)

29 de Maio venres( 2 pases G. Os Rosales-A Coruña)

5 de Xuno (2 pases Carricanta-A Coruña)

Un total de 10 actuacións nas garderías municipais de A Coruña; e 4 dentro do programa APEGO. (Descrición Planomato)

O Son que me Arrola é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.

O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Os OBXECTIVOS desta actividade son:
  • Achegar a música ás familias, principalmente a de tradición oral galega.
  • Ofrecer a posibilidade de experimentar e manipular con diferentes instrumentos.
  • Impulsar actividades axeitadas para o tramo de idade 0-6 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario