![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQ8KdKnakdjcE2UijPErELeipRKpzRqtgijB_cFmZ3SW21H_7f0g64jhAhOzDZlqsqc5fMzCZPdOCaVL-geNBZv3Rr3CyR-S17jL39iTWs4s-zfLsqY8j1VVR5imYIbNLsOCzqRZnxsnI/s400/FestaXo.jpg)
A Festa Xogueteira da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy é unha actividade é un espazo e un tempo de ocio compartido entre nais e pais con nenos e nenas de 0-3 anos, con actividades lúdicas dirixidas ao fomento da investigación e exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas. As familias acompañarán aos seus fillos polos diferentes Espazos, non existindo un tempo definido para permanecer en cada Espazo.
Teremos Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de texturas, ..., Espazos de manipulación onde nenos, nenas e familias gozaremos da mellor das maneiras, aprendendo.
Picando aquí poderás ver imaxes desta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario