Moitísima xente onte na Festa Xogueteira da Asociación
Socioeducativa Antonio Gandoy, refrendando así o noso traballo. Diferentes
Espazos de xogo e de investigación estiveron a disposición de nenos e nenas e
das súas familias no Patio do Seminario de Lugo, nunha actividade enmarcada
dentro do programa do San Froilán 2015.
Unha actividade que pretende que nenos, nenas, pais e nais
gocen xuntos de Espazos de exploración e descubrimento para aprender da mellor
das maneiras: a través da diversión.
Como ben podedes comprender, a organización dun acto coma este
da un montón de traballo, polo que nos vemos obrigados a dar as grazas a moita
xente (e seguro que nos deixamos a alguén) que nos apoiou e que botou unha man
(ou as dúas):
Grazas á inestimable colaboración de Laura, que fixo as
prácticas connosco o ano pasado, de Alba, que estivo de voluntaria nun Espazo
das Familias e achegouse a botar unha man, de Alicia, que segue estando
dispoñible, de Santi, Felipe e Jorge que se encargaron das ingratas tarefas de
montaxe. Grazas a Uxía, que cos seus doce anos fixo de fotógrafa, a Javi que
estivo coa furgoneta, a Marisol polos seus ánimos e pola súa invitación a
xantar, a Doris que se encargou de supervisar todo e por suposto ás dúas
Pilares, a Isabel e a Sandra que tiveron que modificar horarios para que todo
saíse ben.
E grazas, por suposto, ao Concello de Lugo por confiar na
nosa Asociación para levar a cabo esta actividade e a todas as familias (moitas) que vos achegastes ata o Patio do
Seminario.
Deixámosvos unhas fotos e un recorte de El Progreso onde se
fala da actividade:
Ningún comentario:
Publicar un comentario