A nosa Asociación participou no concello de Aranga no Foro da Igualdade
celebrado o pasado 30 de novembro. Neste encontro expuxéronse as
conclusións da avaliación do "II Plan Municipal de igualdade de
oportunidades entre mulleres e homes".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhExwZWMa2J5uO0YzzuL9476OwQogNVjM46Pio9RZ3G-PdsdTa5HNNrAKKXiVIHaJaaAbsQ64q0nyfyVKeeBCpcwO1zmSXERNyis3Jjpj7MePsxdbBpCCMQg7ZLslfwDpz6qV9HPKq6dTo/s200/ForoAranga.jpg)
As actividades realizadas pola Asociación ata o de agora foron altamente
valoradas por parte das persoas participantes no devandito Foro, como
facilitadoras para acadar algúns dos obxectivos fixados no mencionado plan:
- OE1 Fomentar a implicación das familias na coeducación
- OE5 Fomentar hábitos de vida saudables a través da saúde integral e do autocoidado
- OE7 Contribuir á conciliación dos tempos persoais e sociais
- OE8 Acadar a responsabilidade compartida no ámbito familiar e doméstico
- OE9 Contribuir á eliminación da violencia de xénero a través da sensibilización e da prevención
Lembramos que no concello de Aranga está funcionando un Espazo das Familias tódolos martes en horario de 17:00 a 19:00 horas no anexo ao CEIP
de A Castellana.
Agradecemos a este Concello a confianza na nosa Asociación e a valoración
positiva que fai do traballo que desenvolvemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario