A programación organizada
polo Concello para este Nadal 2015-2016 ofrece teatro, actuacións musicais,
obradoiros, excursións, maxia, monicreques e baile para todos os públicos por
toda a cidade.
Dentro da ampla oferta
podemos atopar unha serie de actividades que levará a cabo a Asociación
Socioeducativa Antonio Gandoy, e que serán as seguintes:
As datas e horas das
actividades son:
Obradoiro
de masa: 21 de decembro en horario de 11’00 a 14’00 e de 17’30 a
20’30.
Obradoiro
de construcións e oficios: 22 de decembro en horario de 11’00 a
14’00.
Concerto
O Son que me Arrola e Recanto da música: 22 de decembro en
horario de 17’30 a 20’30.
As mesmas terán lugar na
carpa situada detrás do Concello, na Praza Anxo Fernández Gómez.
(Neste enlace podes ver a
programación completa)
Obradoiro
de masa:
Recanto da masa. Un
recanto para modelar cun material ao alcance de todos: fariña, sal e auga á
que se lle poden engadir aromatizantes e colorantes alimentarios exentos de
toxicidade.
Atoparán masa con olor a
limón, a canela, a ourego..; coa cor vermella do pemento, a amarela da cúrcuma,
ou a marrón do chocolate. Un produto que é fácil de elaborar, e se o gardamos
na neveira durará bastante tempo.
Obradoiro
de construcións e oficios:
Os xogos de construción teñen un gran valor educativo, xa que
favorecen o desenvolvemento motriz, axudan a mellorar a coordinación ollo-man,
e a desenvolver a intelixencia e a creatividade da nena e do neno.
Tacos de madeira de
distintas formas e tamaños, caixas de cartón, tubos, circuítos de trens e
coches e outros elementos da contorna cotiá, permiten ás nenas e nenos
desenvolver a súa capacidade visomotriz, a súa intelixencia e creatividade;
aumentan a súa capacidade de concentración, e favorecen a autoestima e
autonomía
Recanto
dos oficios: Un espazo onde nenas e nenos terán a
oportunidade de entrar en contacto con ferramentas propias de distintos oficios
co fin de afondar na representación da realidade
Concerto
didáctico O Son que me Arrola:
Trátase dunha proposta
musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura
tradicional galega, da man dos cantos de berce, das retaílas, e da
instrumentación. Cunha duración aproximada de vinte minutos de escoita activa,
nenas e nenos participaran en todo o concerto facéndose protagonistas da
actividade.
Recanto
musical:
Por fin os nenos e as nenas
terán oportunidade de experimentar coa música sen medo a asustar aos veciños. É
un recanto composto por instrumentos fabricados a partir de obxectos da vida
cotiá: unha batería construída a partires de latas de conserva, unha guitarra
feita con caixas de zapatos e gomas elásticas, beliscófonos con tubos de cartón
e globos, .. As nenas e os nenos experimentan cos distintos sons aprendendo que
unha tixola non soa igual se a golpeamos cunha culler de metal ou cunha de
madeira; que unha botella cuns grans de millo non ten o mesmo son que unha con
grans de arroz.
Xa o sabedes: esperámosvos detrás do Concello!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario