Nestes días, a Asociación Socioeducativa Antonio
Gandoy estivo na carpa que o Concello de Lugo instala na Praza Anxo Fernández
Gómez (detrás da Casa do Concello) con diferentes actividades para nenos e
nenas e as súas familias. Así, desenvolvéronse diversos obradoiros (de masa,
pan relado, construcions, oficios) e unha nova edición de O Son que me Arrola.
Dende a Asociación damos grazas a todas aquelas
persoas que por alí se achegaron a pasar un ratiño connosco, que foron moitas,
e ao Concello de Lugo por facilitarnos o labor.
Deixámosvos unas imaxes e un vídeo que preparou a
Fundación TIC.
Así mesmo, desexámosvos a
todas e todos un Bo Nadal e un Feliz ano 2016. Como di a postal dixital que
aparece nesta páxina: QUE O FUTURO TRAIA CORES ÁS NOSAS VIDAS.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEijEfJq3sEhCdS-1_DMSoImnCkV38LQd59UpVSQPUsJicGMmMVvRIFIVVKSe5ZYHc9R2QHMT2JdTvV2W36fIOD2MbLDZz5GcGcWpW7s4GuP0bE14l-E9HrJT4HkeaIynDS8mo9s76NZFgM/s640/ArteNadal+2015+2.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario