![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh1ZuP1BomtwVePDtwLIUdBltVp0HMDwHGt6PN8bHdZgiJ4t8u0n2o5nhDSppoFStHULAEcYKImsS296xKSk5oFXVasRlu_JyCaRHYM-l8Z6TOYBactKgpSlSyxaTOHMv7p_JaiAR5PAjA/s320/convite.png)
Como non podía ser doutra
maneira, alí estaremos, e inmensamente agradecidos.
Deixámosvos un resumo da
bonita iniciativa do CIFP Portovello:
O CIFP Portovello de
Ourense é un centro integrado de Formación Profesional no que se imparten tres
familias profesionais: Administración e empresas, Comercio e márqueting e
Servizos socioculturais e á comunidade.
O Equipo directivo do
Centro pretende humanizar o espazo, e inspirándose na obra “A cidade dos nenos”
de Francesco Tonucci, repensando os espazos do mesmo e nomeándoos co nome de figuras
ou experiencias senlleiras e significativas para as persoas da comunidade
educativa.
Deste xeito figuras como
Emmi Pikler, María Montessori, Loris Malaguzzi, María Barbeito…, serven para
nomear aulas ocupadas polo alumnado de educación infantil; Giner de los Ríos,
Eglatine Jebb, Gianni Rodari... dan nome a algúns dos corredores, convertidos
en rúas, que nos conducen ás aulas; as prazas, amplos espazos cos que conta o
edificio nos seus diferentes andares, pasan a adoptar nomes como Dereitos da
infancia, Institución libre de ensinanza, Creatividade ou Intelixencias
múltiples.
Nelson Mandela, Rigoberta
Menchú, Concepción Arenal,… nomean espazos vinculados ás outras titulacións que
se imparten no noso edificio.
O
equipo de traballo do proxecto tomou a decisión de asignarlle a unha das prazas
do edificio o nome de Preescolar na casa, nun intento de homenaxear a un
proxecto da nosa comunidade que demostrou, na súa intensa traxectoria, o seu
compromiso coa educación familiar e coas necesidades das nenas e nenos desde as
primeiras idades. A desafortunada decisión da Xunta de
Galicia de suprimir a asignación que facía posíbel a supervivencia do programa
conduciu á súa desaparición, mais o tesón dalgunhas das persoas que formaron
parte do mesmo permite que o seu espírito perviva a través da Asociación
socioeducativa Antonio Gandoy.
Ningún comentario:
Publicar un comentario