Aprender facendo é a mellor maneira de aprender. A semana pasada demostrámolo unha vez máis levando a cabo unha actividade divertida e apetitosa: fixemos pan. Dende o primeiro paso de mesturar a fariña e o formento ata o comer o realizado, pasando polos procesos de amasar e dar forma, as aprendizaxes pasan por todos os sentidos. Ulir, tocar e saborear son verbos que conxugamos moi ben.
E a actividade rematou na casa, metendo o pan no forno e por suposto, coméndoo.
Deixámosvos unhas fotos que fixemos da actividade e outras que nos enviaron os pequenos panadeiros dende as súas casas, nas que vemos que o resultado final foi bastante positivo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario