![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgFh9nnjP22YCjp5RJmzhtcN7VWDLjsAYTNtmqI2_9QKfEgyA-svrrvoAOIF-ukqodDNHM2f1yY43iueGE7sEFnyXQvM-R6x_Q6MqggV5iFenPcUQK0qZN3oStcC-IWKwhZqbWvz6UcmDA/s400/Presentaci%25C3%25B3n1.jpg)
Un ano máis estivemos no San Froilán Miúdo, contratadas polo Concello de Lugo e pechando as festas.
Organizamos varios recantos de xogo e experimentación: con masa, con pan relado, con pintura, con diversas texturas e materiais...
Unha tarde divertida de xogo e experiencias compartidas entre crianzas e persoas maiores.
Case un cento de familias se achegaron ata a carpa onde estabamos instaladas para gozar das actividades ofertadas, nun ambiente tranquilo, relaxado e sen estridencias.
Foi un bo remate para unhas festas de tanta tradición.
Esperamos repetir en vindeiros anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario