![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiRFDkgTgap-MTzyRNSMTvFZOyBo6YJ5IqNsr2VN5YDo9MLdzbkuULFQbrF0GaWln0IyqNZflh3I9WMANj7uh8Yv0wKlDUraTMtgF9z5FksZZlvrvUegU7pvMbCzF9VDWhToU4LtmAXLno/s320/Presentaci%25C3%25B3n+Santiago+2018-19.jpg)
O obxecto deste encontro cos medios de comunicación foi dar coñecemento de que se poñen en marcha, de novo, os Espazos das Familias nos Centros Cívicos de Nemenzo, Santa Marta e Sar.
Nestes Espazos poderán participar tódalas familias con crianzas menores de seis anos.
O concello de Santiago de Compostela asume a totalidade do custe do servizo, e as familias non terán que pagar ningunha cota.
Quen teña interese en participar debe apuntarse no se Centro Cívico ata o 18 de outubro. No caso de que se produzan mais solicitudes que prazas dispoñibles, o concello realizará un sorteo para decidir quen pode participar. Os Espazos comezarán a primeiros de Novembro.
Podedes velo picando neste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario