A actividade da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy está a medrar día tras día. Neste curso incorporáronse os concellos de Rois, A Pobra do Caramiñal, Sobrado dos Monxes, Triacastela, O Corgo, Betanzos e Carballo.
Estaremos tamén compartindo cos alumnos e alumnas do Politécnico de Santiago de Compostela o noso labor educativo.
E seguimos con novas propostas como "O coliño que me arrola", actividade de arrolos para bebés de 3 meses a 3 anos que se suma a "O son que me arrola" e "O son que me arroupa".
Manterémosvos informados!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario