Despois das merecidas vacación de verán, e esperando que se cargaran as pilas, comezamos o novo curso 2019-2020 con forza: o 12 de setembro, no Vello Cárcere de Lugo, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy preparará un Obradoiro de pintura e investigación en familia, dentro do programa "O que queda de verán" do Concello de Lugo.
Na imaxe da dereita podedes ver tamén o contido doutras actividades que vos poden resultar moi interesantes.
Alí vos esperamos, con moitas ganas de aprender a través das cores e da pintura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario