A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy volve a poñerse en marcha cunha reunión do equipo pedagóxico mañá día 13 para aprender, programar, ..., en definitiva, preparar o novo curso para tentar dar o mellor servizo posible a nais e pais, tal e como vimos facendo dende anos, para ofrecer a nais e pais un servizo de asesoramento na crianza dos máis pequenos na procura dunha parentalidade positiva.
A Asociación tenta poñer en marcha actividades que fagan que a nosa sociedade mellore, partindo das ideas e dos pensamentos de D. Antonio Gandoy, ideas e pensamentos que os que formamos a Asociación compartimos. Neste enlace podes coñecernos máis a fondo.
Organizamos os Espazos das Familias, que constitúen un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Alí, os profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos. Son Espazos dunha periodicidade semanal, en sesións dunha hora e media de duración. A continuación desta sesión, as familias disporán dun tempo individual para aclarar dúbidas mediante unha titoría concertada.

Organizamos O Son que me Arrola, unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e instrumentación.
Organizamos Festas Xogueteiras espazos e tempos de ocio compartido entre nais e pais con nenos e nenas de 0-3 anos, nunha xornada de aprendizaxe estruturada por Espazos onde os máis pequenos poden desenvolver diferentes capacidades.
E moitas outras que vos iremos presentando nesta web. Podedes poñervos en contacto connosco picando nesta ligazón, para participar das nosas actividades. Esperámosvos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario