Un ano máis, o Concello de Lugo volve a contar coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy para realizar unha actividade no San Foilán Míudo.
Será o domingo día 6, o Domingo das Mozas, entre as 17 e as 19 horas no Patio do Seminario Menor, co Obradoiro “Toco, experimento e aprendo”, para nenas e nenos entre 6 meses e 6 anos e as súas familias. Alí vos esperamos.
Neste enlace poderedes ver as actividades previstas para os máis pequenos nestas festas. E neste outro, o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario