O vindeiro 21 de outubro, a Asociación Socioeducatica Antonio Gandoy inicia un novo proxecto en Betanzos, no Espazo +60 de Abanca en Betanzos. Destinado especialmente a avoas e avós que se fan cargo dos seus netos e netas. Podedes consultar a información no enlace Afundación Obra Social de ABANCA, onde teredes máis información desta e doutras actividades destinadas especialmente aos maiores.
"O Espazo +60 Afundación de Betanzos, en colaboración coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, pon en marcha o Espazo das avoas e os avós. O Espazo das avoas e os avós constitúese como un lugar e tempo de encontro e asesoramento para as avoas e avós que participan na crianza dos netos e netas. Acompañados de Cristina Feijóo Varela, pedagoga especialista en infancia da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, poderán compartir experiencias, sabedorías e preocupacións do día a día, e reflexionar sobre a crianza na actualidade e o papel a desenvolver como axentes educativos. A metodoloxía empregada buscará a participación activa dos avós e avoas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario