Recibimos, hoxe, a notificación de que a Deputación Provincial de Lugo contempla, un ano máis, nos seus orzamentos, unha achega económica por importe de 15.000 euros para axudar a afrontalos gastos de mantemento e actividades, levadas a cabo por esta Asociación, na provincia de Lugo, nos concellos con menos poboación.
Esta subvención permítenos establecer Espazos das Familias en aqueles concellos nos que o número de familias participantes non é suficiente para cubrir os gastos derivados da posta en marcha do servizo.
A Vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, dona Maite Ferreiro, coñecedora das actividades que realizamos ten manifestado o interese desta entidade en continuar coa colaboración con esta Asociación co fin de ofertar ás familias do rural da provincia servizos que lles permitan exercer a súa tarefa como nais e pais dun xeito máis consciente e reflexionado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario