13 de mar. de 2020

SUSPENDIDOS os Espazos das Familias

Seguindo a normativa dictada pola Xunta de Galicia. a Asociación socioeducativa Antonio Gandoy comunica a tódalas familias participantes, persoas asociadas, voluntariado, e ás entidades colaboradoras que quedan SUSPENDIDOS tódolos Espazos das Familias e demáis actividades previstas, ata novo aviso.

Non é un tempo de lecer ou divertimento; empregaremos estes días de aillamento nos nosos domicilios para repensar a nosa práctica diaria e programar, deseñar e elaborar novas propostas e materiais.

Tentaremos convertir esta situación en unha oportunidade de mellora nas nosas relacións cos demáis, coa natureza e con nós mesmas. 
Compre manter a calma, trasmitir seguridade ás nosas crianzas e atender aos requerimentos que nos fagan as autoridades, para que pronto poidamos  desenvolver as nosas actividades de maneira normalizada.

Para contactar con nós pódense empregar os teléfonos e enderezos electrónicos habituais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario