10 de set. de 2020

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy na Festa do Apego: recuperando un pouco de normalidade

Neste ano tan estrano, recuperar un pouquiño de normalidade non deixa de ser unha cousa extraordinaria. Este venres 11 estaremos unha vez máis na Festa do Apego, esta vez no Concello de Ames, coa actividade O Son que me Arrola, unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación. 

O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo. 

Sen dúbida será o concerto máis difícil: alí estaremos con material ben hixienizado e repartido en cestas individuais, con alfombras para cada familia e metro en man para gardar as distancias como indican as autoridades sanitarias. Nesta ligazón podedes ver o programa da festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario