O Son que me Arrola é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.
O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.
Os OBXECTIVOS desta actividade son:
- Achegar a música ás familias, principalmente a de tradición oral galega.
- Ofrecer a posibilidade de experimentar e manipular con diferentes instrumentos.
- Impulsar actividades axeitadas para o tramo de idade 0-6 anos.
- Familias con nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de idade.
- Nenos e nenas de escolas infantís, de 0 a 3 anos.
- Nenos e nenas escolarizados na etapa de educación infantil, de 3 a 6 anos.
A actividade consta de dúas partes. A primeira está dedicada á escoita e durará aproximadamente uns 20 minutos. A segunda, está dedicada á exploración dos instrumentos ata un máximo de 1 hora.
Esta actividade poderíase complementar co obradoiro de construción dun pequeno instrumento de percusión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario