17 de feb. de 2021

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy coa Plataforma Pediatras e matronas Xa

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy apoia a loita dun grupo de nais e pais que están a pelexar polo dereito fundamental ao acceso a unha sanidade pública de calidade para nenas e nenos, ante a precaria situación do servizo sanitario do rural galego. A alarmante falta de pediatras e matronas, xenera un problema no día a día que compre evitar. Na web de AGAM (Asociación Galega de Matronas) expóñense as razóns desta demanda. Se queremos un rural vivo, ter servizos de calidade é imprescindible.

Deixamos aquí este vídeo da Asociación co que nos sumamos a esta demanda: 


Ningún comentario:

Publicar un comentario