11 de abr. de 2021

A Presidenta da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, no Foro El Progreso: A educación a debate

O diario El Progreso, coa colaboración da Concellería de Educación e difusión do coñecemento do Concello de Lugo, organiza unha serie de encontros onde se debate sobre educación. 

Catro charlas telemáticas que abranguen dende a educación de 0 a 3 anos ata a educación universitaria.

Luisa Rey, Presidenta da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estará neste foro xunto a María Fe Blanco, profesora de Educación Primaria, Ramsés Pérez, educador ambiental e coordinador de programas e proxectos de educación ambiental e Montserrat Valcárcel Armesto, vicerreitora de Coordinación do Canpus de Lugo da USC.

A nosa compañeira estará o venres 23 ás 12:30 h.

Estas charlas poden seguirse a través de www.elprogreso.es e da canle de youtube de El Progreso.

Neste enlace podedes ver a presentación do foro no diario El Progreso.

Deixamos aquí a primeira destas charlas do xornalista Arsenio Coto con María Fe Blanco García mestra de Primaria no Colexio da Ponte e cun traballo de educación temperá desenvolto en proxectos solidarios en varios países.

Ningún comentario:

Publicar un comentario