As familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos encontrarán neste espazo a posibilidade e a oportunidade de formar unha rede de apoio e promover, ao mesmo tempo, o coñecemento e a participación en actividades conxuntas.
Mestres, psicólogas e pedagogas traballarán xunto coas familias temas ligados á primeira infancia, con actividades adaptadas ás idades das nenas e nenos, para desenvolver diferentes áreas do desenvolvemento, incluíndo saídas aos recursos que ofrece a comunidade.
Espazos onde compartir experiencias e momentos, espazos onde coñecerse, dialogar e reflexionar.
Deixamos aquí unhas verbas da concelleira de Benestar Social do Concello de Ames:
“(...) con estos espazos de encontro para as familias apostamos por poñer en valor a función educativa das familias, o recoñecemento e o respecto á infancia e ás necesidades de cada nena e neno, así como o afianzamento e/ou adquisición de determinados hábitos e/ou valores necesarios, así como reforzar e promover a parentalidade positiva (...)"
E, por suposto coas medidas covid pertinentes. Esperámosvos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario