O concello de Baralla recén ten comunicado a esta Asociación a concesión dunha subvención por importe de 1100 euros para apoiar o desenvolvemento do Espazo das Familias nese concello durante o ano 2021.
Nestes tempos complicados nos que a situación sociosanitaria tenta volver á normalidade, tempos nos que os servizos para as poboacións do rural son cada vez menos, as aldeas quedan desertas, as risas das crianzas xa non se escoitan en moitos dos nosos pobos ... faise cada vez máis necesaria a colaboración entre as entidades e administracións públicas para facer que as veciñas e veciños que optan por vivir no rural o fagan en igualdade de condicións que os que se decantan polas vilas ou cidades.
Por iso agradecemos especialmente as axudas recibidas destes concellos que, a pesares de estar quedando sen poboadores, seguen a loitar por facer do rural un medio de vida digno e cheo de posibilidades.
Podes ver en que concellos estamos traballando, neste enlace:
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=113Qb-21lGBhNiCeyAUcSfIftpLr5RCPl&usp=sharing
Ningún comentario:
Publicar un comentario