1 de dec. de 2021

Os martes, Espazo das Familias en Arzúa

Como afrontar a etapa das rabechas; que podemos facer os adultos para axudar ás nenas e aos nenos a enfrontarse ás súas emocións; cal é a mellor maneira de quitar os cueiros; a importancia das tradicións culturais, ... e outros moitos,  foron os temas tratados neste tempo de encontro. As familias con crianzas menores de tres anos teñen a oportunidade de participar no Espazo das Familias do concello de Arzúa, tódolos martes lectivos, en horario de mañá.

No Espazo das Familias, adultos e crianzas atopan un tempo e un lugar onde compartir inquedanzas e experiencias de aprendizaxe así coma un tempo de lecer gozoso que favorece a adquisición de destrezas e habilidades positivas para un desenvolvemento integral óptimo.


A subvención outorgada polo concello de Arzúa, así como a achega económica feita por cada unha das familias participantes, fan posible que este proxecto siga adiante defendendo, preservando e dando a coñecer as premisas educativas creadas por Preescolar na Casa; porque, como dicía Antonio Gandoy:

"O que é necesario, ten que ser posible; e, ademais, é realizable"

Ningún comentario:

Publicar un comentario