No edificio Multiusos Terra do Queixo, no Campo da feira de Arzúa, as nosas compañeiras Azu e Doris puxeron en escena o contacontos "O Son que me Arroupa", unha proposta teatral e musical, que presenta as pezas do traxe tradicional feminino a través de fragmentos de cantigas tradicionais.
A creación deste novo espectáculo ven motivada pola
necesidade de manter vivas as palabras e de dar a coñecer algunhas que xa case
forman parte da historia da lingua galega; palabras como saia, dengue, mantela,
corpiño… que van caendo en desuso a favor doutras como faldra, panti, delantal …..
xunto con un percorrido polos oficios que rodean a elaboración do traxe
tradicional: o fío, a lá, as tecedeiras, as costureiras, os zapateiros.
Con esta actividade, a Asociación socio-educativa
Antonio Gandoy, pretende achegar ás crianzas e as súas familias o
coñecemento da indumentaria tradicional galega, a través de cantigas e
recitados da cultura do pobo; poñer en valor a nosa lingua e cultura; enriquecer
e mellorar o vocabulario dos nenos e das nenas; e, recuperar cantigas populares
relativas á vestimenta e ás profesións
As familias do concello de Arzúa gozaron o día 28 de febreiro dunha divertida
tarde de lecer compartido escoitando e participando do espectáculo posto en
escena
Ningún comentario:
Publicar un comentario