16 de xuño de 2022

Educación afectivo sexual, escola e familia

 As familias participantes nos  Espazos das Familias do concello de Lugo, tiveron ocasión de participar no día de onte, 15 de xuño de 2022, ás 20:00 horas,na charla online sobre o desenvolvemento afectivo-sexual na etapa de 0 a 6 anos que, organizada por esta Asociación, foi impartida por profesionais do Colexio de Enfarmaría de Lugo.

As familias temos que estar formadas e informadas axeitadamente para poder acompañar ás nosas fillas e aos nosos fillos nas diferentes etapas do seu desenvolvemento, tamén no ámbito afectivo e sexual. 

Este motivo foi o que nos levou a organizar esta charla que está enmarcada dentro do proxecto "Formación para a crianza en igualdade" que se está a desenvolver, neste ano 2022, nos Espazos das Familias.

Participaron, moi activamente, nesta charla arredor de corenta familias, cuxa valoración foi altamente positiva.

Queremos un mundo en igualdade; estamos no camiño

Ningún comentario:

Publicar un comentario