23 de ago. de 2022

O concello de Láncara aproba unha subvención para o desenvolvemento dos Espazos das Familias

 
A corporación municipal do concello de Láncara aprobou, o  19 de Agosto de 2022, conceder á Asociación socioeducativa Antonio Gandoy unha subvención nominativa por importe de 3.801,60 € para o desenvolvemento dos Espazos das familias, no curso 2021-2022.
Grazas á concesión desta subvención, as familias do concello de Láncara participaron de xeito gratuíto no Espazo das Familias que se desenvolveu na Póboa de San Xíao tódolos luns lectivos do curso que recén remata.
Os encontros, nos que participaron un total de cinco familias, tiveron como obxectivos principais: 
- Poñer en valor o papel fundamental da familia na crianza das nenas e dos nenos
- Coñecer as etapas evolutivas das nenas e dos nenos
- Adquirir habilidades sociais
- Coñecer e deseñar actividades que axuden ao desenvolvemento integral positivo das crianzas.
- Poñer en valor a lingua e a cultura propias.
- Establecer vínculos con outras familias que sirvan de apoio na crianza

As crianzas e as familias participantes tiveron ocasión de compartir experiencias, establecer vínculos con outras nenas e outros nenos, e coñecer as posibilidades educativas e de ocio que ofrece o contorno visitando as instalacións de Avifauna (Outeiro de Rei), Spa Attica Vilalba, ou participando na Festa de fin de curso que a Asociación desenvolveu no Campo da Feira de Gomeán-O Corgo.

Os Espazos das Familias non serían posibles sin o apoio, tanto económico como de utilización de instalacións, que nos prestan os distintos concellos e institucións;
por iso agradecemos unha vez máis a colaboración de concellos, coma o de Láncara. que fan un esforzo porque este proxecto siga achegando unha cultura da educación da infancia aos distintos puntos da nosa xeografía.


Ningún comentario:

Publicar un comentario