5 de mar. de 2023

Esiximos formación inicial específica para educadoras/es que teña en consideración o contorno rural

Rede do Rural (Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural) e as persoas e entidades que a formamos solicitamos a incorporación nos estudos universitarios galegos dirixidos á formación de mestras e mestres, profesoras e profesores e educadoras e educadores sociais, dunha formación específica relativa á educación en territorios rurais, que lles achegue a estas/estes futuros profesionais as competencias e os recursos necesarios para o axeitado desenvolvemento do seu labor en contornos rurais.

Para acadar este obxectivo, entre outras actuacións, está asinar esta petición.




Ningún comentario:

Publicar un comentario