Neste Espazo participan, semanalmente, un total de seis familias con nenas e nenos menores de tres anos que debaten, reflexionan, comparten, sobre todas as inquedanzas e preocupacións que se van presentando na crianza e desenvolvemento das súas fillas e dos seus fillos.
O grupo está coordinado pola orientadora Gloria Pazó, que lles achega cada semana diversos temas, materiais e instrumentos que lles axuden a mellorar a súa práctica educativa no día a día do seu fogar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario