6 de out. de 2023

Comeza o novo curso en A Póboa de San Xíao

 O novo curso xa está en marcha, e na Póboa de San Xíao ven de iniciarse coa participación 4 novas familias que se reunirán tódalas semanas para compartir, reflexionar, formarse sobre a educación das fillas e dos fillos, e, tamén, gozar dun tempo de lecer dos máis pequeniños.

Aprendizaxes compartidas con outros adultos e outras crianzas, que nos axudarán a medrar máis fortes, sans e equilibrados físicamente, pero tamén emocionalmente e a nivel de relacións cos demáis e coa natureza.

A orientadora Gloria Pazó levará, tódols luns pola mañá, unha chea de actividades divertidas que nos axudarán a descobrir unha chea de posibilidades que vida cotiá nos ofrece.

O Espazo das Familias no concello de Láncara é totalmente gratuíto para os participantes, grazas á subvención nominativa concedida polo goberno municipal para tal efecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario