10 de maio de 2023

Espazo das Familias en Baralla

No concello de Baralla, no Telecentro, tódolos Mércores lectivos, en horario ás cinco da tarde, as familias con crianzas menores de tres anos teñen ocasión de encontro co fin de reflexionar e debater sobre a marabillosa (e á vez dura) tarefa de educar ás nenas e ós nenos da casa.


Procurar uns nenos e nenas sans, equilibrados, que vivan en harmonía consigo mesmos, cos demais e coa natureza, que se desenvolvan con facilidade na sociedade que lles toque vivir, que respecten aos demais e á natureza, que defendan a súa lingua e a súa cultura... é tarefa das nais e dos pais, e de toda a sociedade.

 Por este motivo se establecen os Espazos das Familias, para que as familias conten con ese punto de encontro onde poñer de manifesto as súas preocupacións e inquedanzas respecto da crianza dos mais pequeniños



O concello de Baralla ven de comunicar a concesión dunha subvención económica directa por importe de 1.100 € para a financiación da actividade denominada “Espazos das familias”; grazas a esta achega, ás cotas das familias, e á subvención concedida pola Deputación de Lugo, a Asociación socio-educativa Antonio Gandoy pode desenvolver as súas actividades e difundir o legado educativo deixado por Preescolar na Casa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario