Menudo día pasamos coa nosa amiga Pepa na Olería de Bonxe!!
Nais, pais, nenas e nenos chegamos e merendamos mentras Pepa se presentaba e nos contaba todo o que facía. Tomamos contacto co material en seco e fumos ver o forno. Pepa amosounos o torno, no que puidemos traballar, fixemos formas e figuras de barro que despois levamos para a casa como estrelas e corazóns, fixemos imprimacións no barro, ...
Unha xornada educativa e festiva onde o tacto e a imaxinación foron os principais invitados, así como o bo facer da nosa amiga Pepa, que conserva e difunde un dos oficios máis tradicionais de Galicia, como podedes ver neste artigo de La Voz de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario